lunes

Sara Siadat Nejad

A cineasta Sara Siadat Nejad (Irán, 1978) presentou a súa última curtametraxe experimental ‘Derakhte man’ (A miña árbore), coa que percorreu xa 12 festivais internacionais. É un filme de apenas seis minutos de duración co que dá testemuño do papel da muller na industria do cine.
‘A situación social e política que se vive no meu país non afectou ao desenvolvemento das mulleres na industria cinematográfica iraniana’. A directora, produtora e actriz puntualizou que en Irán existen ‘máis mujeres que homes destacados pola creación de longametraxes’, mesmo recoñeceu a un grupo de seis mulleres consideradas como a nova onda do cinema do Medio Oriente, ‘que recibiron máis recoñecementos internacionais cós homes’.

A cinta ‘Derakhte man’ narra a historia dunha artista plástica que tenta debuxar unha árbore seca ubicada a uns cantos metros do mar, e tras cuestionar a falta de frondosidade da árbore decide incorporarlle follas de papel, ata que chega un leñador para cortala’. Respecto á carrera que tivo esta corta, Siadat Nejad manifestou sentirse ‘sorprendida’ pola respuesta do público coa súa.

No hay comentarios: