A convocatoria para guionistas, directores, produtores e profesionales resultou máis que atractiva. 80 persoas anotadas cubriron o aforo total de cada unha das masterclasses e garantiron o éxito desta cita formativa, sen precedentes, no marco do Festival. É a primeira vez que o Festival de Cine Internacional de Ourense organiza tres masterclasses impartidas por expertos europeos de EAVE do Programa MEDIA da UE. Unha cita imprescindíbel que serve para actualizarse e poñerse ao día das novas tendencias creativas, financieiras e de coprodución internacional.
Masterclasses - ver vídeo
Clare Downs, Roshanak Behest Nedjad e Sébastien Delloye impartiron estas clases maxistrais que en palabras do director do Festival, Enrique Nicanor, "son un punto de encontro no que profesionais galegos, europeos, latinoamericanos e do mundo establecen conversas e conferencias profesionais con notábeis creadores e expertos do audiovisual"
No hay comentarios:
Publicar un comentario